Había dous castigos na escola.
O primeiro "Cara a parede" era un castigo Zen,
consistía en mirar fixamente unha parede en branco,
meditando as culpas coma se fosen pecados,
alcanzabas o Nirvana case sen querelo
e a alma escapaba do corpo, da escola, do medo...
ata que o mestre berraba: -Ti, ao teu banco.
Había tamén a variante cristiá desta pena:
"De xeonllos e cos brazos en cruz"
e para darlle ao martirio un caracter literario
sostendo nas mans un par de diccionarios,
así aprendías que as palabras pesaban e doían.
Osegundo castigo era "O cuarto das ratas".
Cando o delito fora grave, para expiar a falta
o mestre pechábate nun trasteiro sen ventana.
Aló dentro os minutos si que eran séculos,
mentres fora os nenos obedientes
repasaban as preposicións con monotonía,
eu aló metida naquel cuarto escuro,
naquel recuncho que semellaba o subconsciente
para non tolear inventaba poesías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario